A noite da aurora

Ficha

Autor:
Gonsar Camilo
Editorial:
Galaxia
ISBN:
9788498659764
Fecha de Publicación:
2003
Formato:
PDF
pdf
Adobe Drm
Impresión no pemitida
Copiar/Pegar no permitido
Nº de dispositivos permitidos ilimitado
€11,77
"Un fascinante paseo pola vida nunha viaxe que comeza en Islandia e continúa na mente do lector logo de rematado o relato.

Esta historia lévanos dende Reikiavik, onde dous galegos coinciden ao trocaren moeda nun banco, á cantina solitaria dunha estación da Galicia interior, onde se reúnen tres amigos para illarse da mediocridade e tentar fuxir dunha vida monótona e predicible. Lor, o protagonista da novela, é un galego que sendo mozo abandona a vila natal para dedicarse a percorrer o mundo. A noite da aurora cóntanos as razóns que o obrigan a escoller unha vida errática, de aventureiro, no canto de aceptar unha existencia doada e sen riscos.

A potencia evocadora da prosa de Camilo Gonsar, o seu domino do diálogo e a perspicacia das súas intuicións compleméntanse cun marabilloso retrato dos personaxes no marco da capital de Islandia, cidade que se describe cunha sinxeleza plástica abraiante. Novela sobre o desarraigo, esta é a historia dunha amizade, dun amor apenas iniciado e dunha decisión: abandonar a propia patria. Reflexión xenial sobre o destino, esta obra é unha mostra excepcional de sabedoría narradora."