A ponte das poldras

Ficha

Autor:
Pato Chus
Editorial:
Galaxia
ISBN:
9788498659474
Fecha de Publicación:
2006
Formato:
PDF
pdf
Adobe Drm
Impresión no pemitida
Copiar/Pegar no permitido
Nº de dispositivos permitidos ilimitado
€7,10
"Con A ponte das poldras incórporase á colección Dombate, que Galaxia dedica á poesía, unhas das autoras que máis traballa por facer da literatura un espazo textual e aberto: Chus Pato

A sintaxe da utopía.

Chus Pato fai da experiencia literaria unha paixón vital, unha experiencia de linguaxe que racha límites e axuda a elaborar o que a poeta chama ""a sintaxe da utopía"".

Coa finalidade de achegar a lectoras e lectores poemarios de difícil acceso ou esgotados, pero fundamentais para comprender a poesía contemporánea, Galaxia recupera títulos coma este, editado por vez primeira no ano 1996 e agora publicado nunha nova edición revisada pola autora.

A poesía de Chus Pato ábrese a distintas realidades, explora territorios incómodos e, en A ponte das poldras, o poema traslada a lectoras e lectores a un espazo de emancipación, desde onde a poeta revisa a historia. En palabras da crítica literaria Iris Cochón, é unha obra que ""recupera o silenciado e inscribe o utópico"". A literatura arrequéntase coa plenitude derivada da imaxinación, da independencia persoal e comunitaria, dela xorde unha nova percepción e, pois que o mundo é linguaxe, tamén un mundo novo."