Contos do camiño e da rúa

Ficha

Autor:
Ramón Otero Pedrayo
Editorial:
Galaxia
ISBN:
9788498659320
Fecha de Publicación:
2008
Formato:
PDF
pdf
Adobe Drm
Impresión no pemitida
Copiar/Pegar no permitido
Nº de dispositivos permitidos ilimitado
€10,62
"Relatos magníficos que toman como unidade temática a oposición entre a vida da aldea e a vida da vila. Estes contos, publicados en 1932, destacan pola capacidade do autor para combinar de maneira maxistral a imaxinación creadora cunha técnica case cinematográfica para recrear ambientes, poñendo ante o lector todo un espírito, un tempo e unha forma de vivir xa esvaecida. O libro inclúe O fidalgo, unha das mellores mostras da narrativa breve galega e quizais o conto máis fermoso do autor. Marcado pola acción e o movemento, este conto é un exemplo da celeridade que pode acadar o discurso narrativo. Nel, coma no resto do libro, Otero traza personaxes con penetración, evocando os ambientes dun xeito vívido, ao tempo que amosa un aire europeo e moderno que lle dá extraordinario poder de suxestión á súa narrativa."